O PP presenta as súas achegas aos orzamentos de 2026 e define este proxecto como “o último do mandato para conseguir feitos”

“Entre 2023 e 2025 o Concello de Lugo anunciou un plan de investimentos de 26,1 millóns de euros, con 184 actuacións previstas. A realidade é que só se executaron 6,6 millóns, é dicir, menos de tres de cada dez euros comprometidos. Quedou sen executar preto do 75 % do plan, o que evidencia a incapacidade do goberno local para transformar en feitos o que promete en titulares”, explicou a popular.

Elena Candia subliñou que das 184 actuacións programadas só se levaron a cabo 35, e que entre as pendentes figuran proxectos moi demandados pola cidadanía, como o novo pavillón polideportivo, a mellora da entrada pola Fervedoira, a reparación da rúa Fermín Rivera, a mellora das instalacións da Protectora de Animais, ou os plans de saneamento e abastecemento en parroquias como Esperante.

A voceira popular, Elena Candia, tamán explicou que moitas das achegas que se presentan precisan pequenos investimentos, pero tamén inclúen proxectos estratéxicos e novidosos, como o Plan Zero18, dirixido á poboación infanto-xuvenil, tan esquecida  polo goberno local na súa acción de goberno; ou un reforzo no orzamento para intervencións que melloren a mobilidade e a accesibilidade que contemplaría, entre outras intervencións, a unión do barrio da Estación co centro; e unha rede de aparcamentos en distintos barrios en altura.

Contents

Os populares tamén solicitan que se dé cumprimento ao acordo plenario de xullo do ano 2025 sobre a supresión da plusvalía e bonificación do IBI nas áreas de expansión, que pagan como solo urbano sen poder construír neles.

A voceira popular tamén explicou a necesidade de que haxa un reforzo no persoal ,amosando unha imaxe das habituais colas que hai no rexistro como exemplo de saturación, lembrando como no ano 2024 a diferenza entre o presupostado e o que aparece na liquidación do capítulo de persoal é de 4.222,208,58 €.

Por último a popular concluía: “non se trata de presentar unha lista de promesas, senón de poñer enriba da mesa achegas realistas, posibles e necesarias para que Lugo avance. Queremos feitos, non máis anuncios”,.+-

BLOQUE 1: LUGO PARA AS PERSOAS

1.1.      CONCILIACIÓN E BENESTAR

A poboación infanto-xuvenil é a gran esquecida por este Concello. O noso compromiso é poñela no centro das políticas municipais, ofrecendo espazos seguros, oportunidades e conciliación real para as familias, por iso, solicitamos partidas para facer un Lugo que coida, educa e acompaña

Ø Posta en marcha do Programa Zero-18: que ningún menor quede sen protección e ninguna familia sin orientación. A idea deste programa é desenvolver accións dirixidas á conciliación e ao benestar da infancia e adolescencia.

  • Red 818 “Previr, detectar e acompañar” casos de acoso escolar, ciberacoso e exclusión social.
    • Creación de Puntos 818 en centros escolares: espazos seguros de escoita, mediación e orientación.
    • Intervención coordinada con orientadores, equipos directivos, familias e profesionais da saúde mental.
    • Formación en convivencia, empatía e xestión emocional para docentes, alumnado e familias.
    • Campañas de sensibilización sobre respecto, diversidade e uso responsable das redes sociais.
    • Plan Integral de Protección da infancia e da adolescia
  • Plan local de saúde mental, con especial atención á prevención do acoso e do suicidio
  • Servizo SAF “Aloumiñar”, para o coidado de menores no domicilio e apoio á conciliación familiar
  • No polígono de As Gándaras creación de dotacións para o coidado dos fillos e fillas dos traballadores
  • Cuberta para os parques infantís de Fonte dos Ranchos e Frigsa, garantindo o seu uso durante todo o ano.
  • Novo parque infantil na Praza de Alacante
  • Renovación e posta a punto de parques na rúa Orquídea, Marcos Cela, Piringalla (rúa das Fontes–Angelo Colocci), Cantiño, A Croa, Casas Sindicais  e Sagrado Corazón
  • Plan de mantemento e mellora dos colexios públicos.
  • Partida para asinar o convenio coa FEGAMP para apertura das instalacións deportivas dos colexios fóra do horario escolar ás tardes e fins de semana

1.2.      VALOR SÉNIOR

  • Centro interxeracional no Castiñeiro, como punto de encontro e aprendizaxe compartida.
  • Oficina do Maior, con programas de acompañamento e prevención da soidade non desexada.
  • Cambiadores inclusivos, accesibles e adaptados para persoas con dependencia.
  • Investimentos en linguaxe sinxela nas comunicacións municipais, para facilitar a comprensión da información pública.
  • Partida para dotar de medios aos Centros Sociais para o seu correcto funcionamento

BLOQUE 2: LUGO MÁIS SEGURO

2.1. TRÁFICO E MOBILIDADE

  • Plan de accesibilidade entre o barrio da Estación (intermodal) e o centro (ascensor e escaleiras mecánicas que comuniquen A Estación de tren co centro)
  • Aparcadoiro en altura en rúa Castelao
  • Aparcadoiro disuasorio en O Carme, cumprindo o convenio asinado
  • Aparcadoiro en altura en Fontiñas
  • Aparcadoiro en altura na Milagrosa
  • Aparcadoiro soterrado en Augas Férreas
  • Apertura da rúa Vilaverde, para mellorar a conexión e fluidez do tráfico
  • Paso para comunicar, de forma segura, o barrio de As Gándaras co polígono industrial
  • Plan de tráfico para o barrio de Galegos
  • Na entrada a Lugo do Camiño primitivo paso de peóns intelixente na subida da Cheda confluencia con San Eufrasio
  • Pasos elevados en Serrra Gañidoira
  • Taxi a demanda para conectar as parroquias co centro urbano e mellorar a vida das familias do rural.
  • Plataforma loxística de carga e descarga para facilitar repartos en casco histórico

2.2. SEGURIDADE

  • Instalación de cámaras de videovixilancia en zonas sensibles como a Milagrosa.
  • Instalación de cámaras de videovixilancia en monumentos e puntos emblemáticos.
  • Apertura dunha delegación da Policía Local, que achegue presenza e resposta inmediata aos barrios do norte.
  • Creación dunha oficina de asesoramento fronte ás ocupacións ilegais e dunha oficina de mediación veciñal.
  • Mellora de iluminación en diferentes barrios

BLOQUE 3: LUGO MOTOR DA PROVINCIA

3.1       CIDADE CREATIVA

Ø Partida para aportar a porcentaxe que se comprometeu para actuar na envolvente do Cuartel de San Fernando

Ø Reforzo da marca Lugo como destino turístico, formativo e cultural.

Ø Plan especial de promoción dos tres Patrimonios da Humanidade con foco na Muralla (25 aniversario).

Ø Plan de mantemento  dos Museos e Salas Municipais

Ø Programación estable no Auditorio de Magoi e elaboración de ordenanza de uso así como e impulso á Escola de Música e á Banda Municipal.

Ø Programación cultural estable na Biblioteca Paco Martín (A Piringalla), como espazo de encontro e dinamización do barrio

3.2 UN RURAL MODERNO

Infraestruturas básicas e territorio ordenado

  • Plan integral de saneamento e abastecemento en todas as parroquias. (Esperante)
  • Servizo municipal de vaciado de fosas sépticas, para garantir hixiene e igualdade de servizos.
  • Plan de ordenación da terra mediante permutas, para favorecer o aproveitamento agrario e forestal.
  • Plan Fiscal Rural, con medidas para paliar a suba do IBI e incentivar as actividades económicas que se asentan no rural.
  • Mellor mobilidade
  • Taxi a demanda para conectar as parroquias co centro urbano e mellorar a vida das familias do rural.
  • Plan anual de asfaltado para manter en bo estado os camiños e accesos
  • Plan anual de desbroces, en pistas de terra.
  • Reparación da ponte entre Pedreda e Rubiás, unha conexión clave para a veciñaza desta parroquia deste servizo

Máis presenza municipal e vida social

  • Puntos itinerantes de información, para achegar a administración local ás parroquias.
  • Programas de dinamización e ocio nos centros sociais de San Xoán do Campo, Calde, Coeses, Saa, Santa Comba, Rubiás, Bóveda… e ampliar este servizo a outras parroquias.

3.3 INFRAESTRUTURAS

  • Impulsar un plan de actuacións para evitar inundacións nos puntos negros da rede de drenaxe do municipio

Ø Infraestruturas que melloran o día a día

  • Convenio co Ministerio para a humanización da travesía de Nadela e o seu desdobramento
  • Beirarrúa en Virxe da Soidade (As Gándaras)
  • Rematar a beirarrúa de Marqués de Ombreiro
  • Rematar a Beirarrúa en Paulo Fabio Máximo (Garabolos).
  • Saneamento da rúa A Milagrosa, unha demanda histórica do barrio.
  • Plan integral As Samasas
  • Humanización e paso peonil que conecte o barrio de  A Ponte ata o cemiterio municipal
  • Asfaltado ramal rúa Calzada de Ponte (comunica A Calzada coa N-VI)
  • Arranxo da rúa que une a Ponte coa Louzaneta que coincide cun tramo do Camiño Primitivo
  • Canalización da fonte de Casás e habilitar acceso seguro para vehículos  de emerxencias ao barrio
  • Reparación integral da vía Fermín Rivera: mellora de servizos de abastecemento e saneamento
  • Manter o compromiso de mellora do acceso Fervedoira–Adolfo Suárez
  • Drenaxe camiños interiores da Praza Maior.
  • Arranxo das beirarrúas na contorna do parque infantil da Praza Vermella.
  • Impulsar acordos con propietarios para humanizar espazos como a zona de Valentino e aparcamento actual ubicado na confluencia da rúa Primavera, Carril dos das Flores, das Hortas

Espazos que unen natureza e cidade

  • Creación de dúas zonas de baño no río Miño, para aproveitar o potencial natural da cidade. (zona Robles e contorna da Uned)
  • Plan de recuperación e de uso do Parque de Fontiñas, para devolverlle vida, seguridade e actividade a un espazo clave da zona sur.
  • Mellora da Carballeira de Fingoi
  • Mellorar o mantemento do Parque do Miño
  • Impulso do BIC do  Parque de Rosalía de Castro e e plan de mantemento e limpeza deste espazo
  • Medidas para eliminar os problemas de convivencia que xenera a práctica do botellón

Ø CEAO e Gándaras: motor económico que require atención

  • Renovación de tubaxes no Polígono do Ceao.
  • Instalación de cámaras de videovixilancia en CEAO e As Gándaras.
  • Aparcadoiro seguro nas Gándaras, que mellore a funcionalidade e seguridade do polígono.
  • Habilitar no parque de enerxías alternativas do polígono un punto de recarga de vehículos eléctricos, unha zona de aparcadoiro e área de esparexemento

3.4. CONCELLO CERCANO

  • Reforzo das plantillas de persoal para mellorar a atención cidadá
  • Implantación do sistema de telelectura de contadores de auga, para un consumo máis eficiente e transparente.
    → Estudar unha liña de subvencións para a renovación de dispositivos por parte dos usuarios.
  • Investimentos edificios municipais con problemas de climatización (Uxio Novoneyra; Escola Infantil Gregorio Sanz)
  • Modernización da Praza de Abastos
  • Programa de apoio ao pequeno comercio afectado
  • Creación dunha oficina municipal de información, orientación e mediación para poboación migrante
  • Actualización das axudas sociais e deportivas para adaptalas ás novas realidades.
  • Coficinanciamento obras  de mellora das instalacións da  Protectora de Animais
  • Incrementar partida Michos e Protectora de Animais para gastos mantemento
  • Cumprimento do acordo plenario de xullo do ano 2025 Supresión da plusvalía e bonificación do IBI nas áreas afectadas por cambios de solo.
  • Creación do Consorcio de Dinamización do Casco Histórico, con sede no Vicerreitorado.
  • Gratuidade do servizo de transporte urbano para menores de 21, maiores 65, pensionistas e presoas con escasos recursos

3.5. URBANISMO

  • Plan piloto de rehabilitación para os barrios Feijoo e A Milagrosa, co obxectivo de recuperar vivendas, dinamizar o comercio e mellorar o entorno urbano.
  • Axudas á rehabilitación en O Carme, Recatelo
  • Revitalización integral do barrio de A Ponte, con medidas que inclúen con axudas á rehabilitación de vivendas. (Evislusa)
  • Actualización do PXOM, PEPRI e PEPRIM
  • Impulsar a tramitación de desenvolvementos urbanísticos bloqueados (casco histórico)
  • Plan de Excavacións arqueolóxicas
  • Inventariar os camiños dos núcleos rurais
  • Plan de supresión de tapóns urbanísticos

3.6. UNIVERSIDADE

  • Impulso ao Plan “Lugo Cidade Universitaria”, con:
    • Vivenda asequible para estudantes e mozos, a través de Evislusa.
    • Bolsas de estudo e programación cultural estable
    • Contratación de asistencias técnicas locais para potenciar o talento local
    • Creación Cátedra xestión cultural.
  • 3.7. DEPORTES
  • Novo Pabillón Polideportivo
  • Recuperar o histórico espazo deportivo e cultural da OJE na rúa Deputación
  • Cubrir o campo de petanca do Parque de Frigsa.
  • Mellora dos parques periurbanos e fluviais, favorecendo o uso social e deportivo destes espazos
  • Mellora integral do Complexo Deportivo das Pedreiras.
  • Cambio tartán pistas das Pedreiras
  • Rehabilitación e mantemento do módulo cuberto de atletismo das Pedreiras
  • Cobertura pistas de tenis de O Palomar e Frigsa
  • Acondicionamento Campos de Sanfiz
  • Acondicionamento do Campo de Fútbol de Nadela
  • Mantemento e cambio de iluminación dos campos de futbol e instalacións deportivas
  • Plan de mellora para o Pabillón Municipal.
  • Arranxo urxente da cuberta do pavillón de Frigsa, que dificulta a actividade diaria dos clubes.
  • Plan de mantemento de todas as instalacións deportivas municipais.
  • Mellora de firme do aparcamento do Campo de As Gándaras de maneira axeitada.
Comparte éste artículo
No hay comentarios