Os populares propoñen recuperar a antiga liña 2, 7, 7 A e a 12, reforzar a información en tempo real e mellorar a accesibilidade dos autobuses urbanos de Lugo

O Partido Popular manifestou hoxe que “cando Rubén Arroxo, voceiro do BNG e responsable do transporte público no concello de Lugo, dixo o 29 de decembro no pleno do debate do estado da cidade, que non ía prorrogar o contrato coa actual concesionaria o que quería ocultar era “que tiña nun caixón, dende o 10 de decembro, unha notificación da propia empresa na que comunicaba que non tiña interese en continuar”.

Polo tanto, estamos ante unha decisión obrigada. Aos nacionalistas non lles quedou outra. Pasaron de presumir do récord mensual de usuarios nos autobuses urbanos a recoñecer que as liñas necesitaban reformarse, tal e como viñamos advertindo dende o Partido Popular, dende hai tempo.

Outro dato que os populares tamén advertiron é que os autobuses de Lugo son baratos para quen os usa pero caro para quen non os utiliza. Isto é porque o servizo págase entre todos, o uses ou non.

O problema é que, economicamente, non é sostible. No ano 2024, manter o servizo custou case 2,7 millóns de euros, pero polos billetes só se recadaron uns 175.000 euros. É dicir, a maior parte do custo págase con cartos públicos. Esta afirmación a xustifican cos datos da liquidación “o servizo págamelo entre todos” (utilizamos a liquidación do ano 2024 porque ainda non se facilitou o que corresponde ao ano 2025)

Os datos da comisión de queixas tamén confirman que son necesarias as medidas que presentamos no decálogo, xa que moitas das queixas que se rexistran cada mes son sobre “o mal funcionamento dos autobuses en cuestións relativas a atrasos constantes; frecuencias insuficientes; falta de información ou problemas accesibilidade”.

Comparte éste artículo
No hay comentarios