A Laracha. A execución do proxecto de mellora viaria en Padronelo entra na súa fase final

Invístense 90.000 euros na renovación da superficie de rodadura, acondicionamento de sobreanchos e creación dunha nova rede de recollida de pluviais.

A execución das obras contempladas no proxecto de mellora da rede viaria no núcleo de Padronelo (parroquia de Cabovilaño) atópanse na súa fase final. 

A intervención consiste na renovación da superficie de rodadura da estrada e no acondicionamento dos sobreanchos, que serán aproveitados para ampliar a plataforma da calzada incluíndo o retranqueo dos postes do tendido eléctrico. Ademais, dotarase á vía cunha nova rede de recollida de augas pluviais. Culminaranse os traballos coa sinalización horizontal e vertical para reforzar a seguridade viaria.

Estas obras remátanse agora despois de que se tivesen que paralizar nos dous primeiros meses do ano debido as condicións climatolóxicas adversas.

O investimento alcanza os 90.000 euros cofinanciados pola Deputación da Coruña a través do Plan Único POS+.

Comparte éste artículo
No hay comentarios