O Talentiño pecha inscricións con máis dun centenar de participantes de toda a provincia da Coruña

Unha vez pechado o prazo de inscrición, o concurso O Talentiño superou  o centenar de nenos e nenas participantes nesta cuarta edición, incrementándose así de maneira notable as inscricións respecto ao ano pasado, cando se rexistraran algo máis de medio centenar. Este dato confirma o éxito da súa apertura a toda a provincia da Coruña e o crecente interese que esperta o certame.

Entre as inscricións rexistradas hai representación dos concellos de A Coruña, Culleredo, Santiago, Cedeira, Ferrol, Fene, Narón, As Pontes, Oleiros, Camelle (Camariñas), Miño e Melide, amosando a ampla acollida territorial do concurso, con participantes nas 5 categorías do certame: Vocalistas, Instrumentistas, Danza Urbana, Danza Lírica e Variedades.

O xurado comezará ao longo desta semana o proceso de visionado e avaliación dos vídeos presentados.Unha vez finalizada a deliberación, daranse a coñecer os finalistas a través da web oficial desta edición (2026.otalentino.es). As persoas seleccionadas participarán na gran final, que terá lugar o vindeiro 12 de abril no Teatro Jofre. A gala que dará comezo as 19:00 será de entrada libre e gratuíta ata completar aforo.

Comparte éste artículo
No hay comentarios