O Talentiño dá a coñecer os finalistas da súa cuarta edición

O concurso “O Talentiño” xa ten finalistas nas distintas categorías da súa cuarta edición, tras a deliberación do xurado e a avaliación dos vídeos presentados nesta fase inicial.

Descubre más noticias musicales cómo ésta

Os membros do xurado, fundadores do certame e encargados de avaliar os vídeos nestaprimeira fase —Eva Faraldo, Xabier Vizcaíno e Lucía Pérez—, xunto a Joaquín Enríquez, acordaron por unanimidade a selección dos rapaces e rapazas que participarán na gran final, que reunirá o mellor talento emerxente da provincia da Coruña. Trátase, ademais, dunha edición de récord, con máis de 100 participantes inscritos. Segundo palabras do propio xurado, a decisión foi moi complicada, xa que o nivel amosado por todos os participantes foi moi alto.

Os finalistas seleccionados son os/as seguintes:

• Na categoría de Vocalistas, os finalistas son Elsa Martínez Montero (Ferrol), Antía Barona Piñón (Narón) e Sebas Allones Dans (Camelle – Camariñas).

• Na categoría de Instrumentistas, competirán o grupo de acordeonistas “Cuarteto de Salitre” (A Coruña), Jacobo Nieto López ao violoncello (Ferrol) e Brais Pardo Alvarado coa súa batería (Miño).

• En Danza Urbana, os seleccionados son as “Cookies” (Narón), Sara Ferreiro Lagoa (Narón) e o grupo “Jockers” (As Pontes).

• Na categoría de Danza Lírica, as finalistas son Martina Seoane Cela (Ferrol) e Laura Alonso Mateos (A Coruña).

• Finalmente, na categoría de Variedades estarán “As Regueifeiras Miúdas” (de Santiago de Compostela e Narón), “Netas de Cassandra” que realizan performance e baile tradicional galego (Cedeira) e o teatro musical do grupo “El Laboratorio” (A Coruña).

Os seleccionados subirán ao escenario na gran gala final do Talentiño 2026, que terálugar o vindeiro 12 de abril ás 19:00 horas no Teatro Jofre de Ferrol. O evento presentado por Joaquín Enríquez será de entrada libre e gratuíta ata completar aforo e contará tamén como xurado invitado coas artistas Caamaño&Ameixeiras.

Comparte éste artículo
No hay comentarios