Concentración contra la guerra imperialista

No marco da convocatoria da Plataforma Galiza pola Paz, a Praza de Castelao de Corcubión volveu ser o escenario este martes, 7 de abril, dunha concentración contra o imperialismo e as súas expresións belicistas, sinalando especialmente as accións de Estados Unidos e Israel. A mobilización, que coincidiu con actos similares en máis dunha trintena de localidades galegas, contou co apoio do BNG Costa da Morte.

Durante o acto denunciouse que a agresión contra Irán continúa, ao tempo que se manteñen as ofensivas contra o Líbano, o Iemen e Palestina, un escenario de tensión que tamén se estende cara a América Latina e o Caribe.

Os manifestantes saíron á rúa «para demostrar que as guerras imperialistas non nos son alleas, para protestar polas consecuencias que estas nos impoñen e para esixir accións concretas por parte de quen nos goberna; non só para paliar os danos, senón para evitar que continúen producíndose».

O acto finalizou coa lectura dun manifesto

Comparte éste artículo
No hay comentarios