Sergio Alba, presenta o espectáculo de humor «Dous rombos… Pasa para a cama» Un desternillante show no que o pasado, estará moi presente.
É inevitable, co paso dos anos, botar a vista atrás e reconfortarse na felicidade vivida nas nosas idades máis tempranas. Pero, o certo é que ademais de fermosas lembranzas, hai tamén moitas cousas das que quizais non nos sentimos demasiado orgullosos, e que sempre é mellor enfocar desde o punto de vista do humor.
Lembraremos entre moitas risas, aquel tempo no que nos mandaban para a cama, poñendo dous rombos na pantalla do televisor.
Unha época na que pasamos do branco e negro á cor, sen darnos apenas conta, e que foi abrindo paso pouco a pouco a unha nova forma de ver e vivir a realidade.
Para asistir a este show retro-activo, soamente precisades gañas de desenchufarvos da rutina dixital, e aceptar o reto de rirnos do noso lado máis analóxico.
A cita, será no Auditorio Afundación Abanca (Lugo) con acceso pola Praza Santa María, o sábado 16 de maio, en dobre función ás 18:30 e 21.00h . As entradas anticipadas, xa están dispoñibles no portal Ataquilla.com