O BNG de Palas de Rei convoca unha charla informativa sobre Mercosur e Altri

 O BNG de Palas de Rei organizará este venres 10 de abril ás 19:00 horas unha charla informativa no salón de actos da casa da Cultura co obxectivo de analizar as consecuencias do tratado entre a Unión Europea e o Mercosur, o seu posible impacto en Galicia, asi como todo o traballo feito dende o Parlamento Europeo para conseguir a paralización de Altri.

No acto participarán a eurodeputada Ana Miranda e o deputado no Parlamento galego, Secundino Fernández. 

Neste acto falarase do que supón este acordo para o noso país, xa que vai máis alá dun acordo comercial, supón unha ameaza para un sector clave na comarca da Ulloa como é o sector agrogandeiro do cal viven moitas familias na comarca. 

Abordarase tamñén o arquivo do expediente da macrocelulosa de Altri en Palas de Rei que é un gran triunfo da cidadanía e a derrota dun Goberno do Partido Popular que só ofrece franquismo industrial e que defendía o espolio dos recursos galegos e a contaminación do territorio, poñendo por diante os intereses dunha empresa portuguesa por riba da xente do medio rural.

Con este acto pretendemos abrir un espazo de debate e información dirixido á veciñanza, co fin de dar a coñecer tanto os efectos que ten o tratada Mercosur na comarca como tamén a paralización do proxecto da macrocelulosa de Altri,

Comparte éste artículo
No hay comentarios