O proceso de licitación do Máster Plan de Coruña Marítima avanza cara á transformación futura do porto e a cidade coa selección dos cinco equipos finalistas de entre as 14 candidaturas válidas que se presentaron ao concurso.
A valoración da documentación presentada permitiu obter unha clasificación conforme aos criterios obxectivos establecidos no prego, como o currículo do equipo, a experiencia en proxectos similares e os recoñecementos profesionais dos seus integrantes presentados na oferta.
Os finalistas agrupan un total de 28 empresas participantes e colaboradoras, das cales 13 contan con sede ou oficinas en Galicia.
Os cinco equipos clasificados (segundo orde de chegada das ofertas) son:
| EMPRESAS QUE FORMAN AS UTES SELECCIONADAS: | EMPRESAS PARTICIPANTES CON OFICINA OU SEDE EN GALICIA: | EMPRESAS PARTICIPANTES SEN OFICINA EN GALICIA: |
| -TÉCNICA Y PROYECTOS S.A. (TYPSA) -RSHP ARCHITECTS SLP | Empresas da UTE: -TÉCNICA Y PROYECTOS S.A. (TYPSA) | Empresas da UTE: – RSHP ARCHITECTS SLP |
| Empresas colaboradoras: -ESTRATEGIA Y ORGANIZACIÓN, S.A. -MONTEOLIVA ARQUITECTURA, S.L.P. | Empresas colaboradoras: -ESTUDIO JURÍDICO EJASO, S.L. | |
| -JUNQUERA ARQUITECTOS SLP -WEST 8 URBAN DESIGN & LANDSCAPE ARCHITECTURE B.V. -EPTISA SERVICIOS DE INGENIERÍA, S.L. -SENER MOBILITY, S.A. -NEUTELINGS RIEDIJK ARCHITECTEN BV | Empresas da UTE: -EPTISA SERVICIOS DE INGENIERÍA, S.L. | Empresas da UTE: – JUNQUERA ARQUITECTOS SLP -WEST 8 URBAN DESIGN & LANDSCAPE ARCHITECTURE B.V. -SENER MOBILITY, S.A. -NEUTELINGS RIEDIJK ARCHITECTEN BV |
| Empresas colaboradoras: -DESENVOLVEMENTO LOCAL GALEGO, S.L. -LUMIEIRA GESTIÓN URBANÍSTICA, S.L. | Empresas colaboradoras: -PORT INSIGHT CONSULTING | |
| -IDOM CONSULTING ENGINEERING – ARCHITECTURE, S.A.U. -ZAHA HADID LIMITED | Empresas da UTE: -IDOM CONSULTING ENGINEERING ARCHITECTURE, S.A.U. | Empresas da UTE: – ZAHA HADID LIMITED |
| Empresas colaboradoras: -CALIXTO ESCARIZ | Empresas colaboradoras: | |
| -WSP SPAIN-APIA, SAU -BJARKE INGELS GROUP ARCHITECTURE SPAIN SLP -DÍAZ y DIAZ ARQUITECTOS SLP | Empresas da UTE: -DÍAZ y DIAZ ARQUITECTOS SLP | Empresas da UTE: – WSP SPAIN-APIA, SAU -BJARKE INGELS GROUP ARCHITECTURE SPAIN SLP |
| Empresas colaboradoras: – GARCIA LEIS ABOGADOS S.L. – ZOOHAUSS | Empresas colaboradoras: | |
| -3XN COPENHAGEN A/S -BATLLE I ROIG ARQUITECTURA SLP -OVE ARUP & PARTNERS S.A.U. | Empresas da UTE: -BATLLE I ROIG ARQUITECTURA SLP | Empresas da UTE: –3XN COPENHAGEN A/S -OVE ARUP & PARTNERS S.A.U. |
| Empresas colaboradoras: – ANTEA IBEROLATAM, S.L.U. | Empresas colaboradoras: – ESTRADA PORT CONSULTING -Estratègies Socials per al Territori i els Espais Lliures ESTEL SCCL -Pérez-Llorca Abogados, S.L.P. |
Os equipos seleccionados dispoñerán dun prazo de catro meses para presentar as súas propostas. Desta forma, no terceiro trimestre deste ano prevese elixir a proposta máis adecuada, atendendo a criterios como a calidade técnica, a funcionalidade, os aspectos ambientais e económicos, así como a ordenación urbanística global. Nese momento xa se poderá ver unha primeira maqueta do proxecto.
O equipo gañador contará entón cun ano para desenvolver o plan director (Máster Plan) de Coruña Marítima, así como todos os anexos e documentos complementarios que figuran nas bases.
Elevada concorrencia
A elevada concorrencia e a calidade dos profesionais presentados ao concurso poñen de manifesto o interese que xera esta grande oportunidade para redefinir a relación entre a cidade e a súa fronte portuaria, e para impulsar unha transformación estratéxica que marcará o futuro da Coruña e do seu porto.
A posta en marcha do concurso é froito do consenso alcanzado no seo da Comisión Coruña Marítima, integrada polo Concello da Coruña, a Xunta de Galicia, o Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible, Puertos del Estado, ADIF e a Autoridade Portuaria da Coruña, ademais dos tres grupos políticos municipais.