A Plataforma SOS Sanidade Pública Galega convoca concentracións en toda Galicia o luns 13 de abril, reivindicativas, en conmemoración do Día Internacional da Atención Primaria.
A Atención Primaria é a parte do Sistema Sanitario máis cercana, a que nos pode garantir a mellor atención e orientación dentro do Sistema. É tamén o último muro defensivo fronte á privatización da sanidade pública.
Se a Atención Primaria cae, cae o Sistema.
Por este motivo é necesario reivindicar a súa defensa e impulso.
Hora: 11:00
Data: Luns 13 de abril
Diante do Centro de Saúde: San Xosé (A Coruña)
Motivo: Día Internacional da Atención Primaria