O acto de entrega será este 16 de abril no Teatro Colón e estará presentada por Susana Pedreira e Xoán Fórneas.
A XIX edición do premio Raíña Lupa de literatura infantil recaeu en Antía Yáñez pola súa obra Bagakadabra. Recibirá o galardón no transcurso da V gala Daccultura que se celebrará este 16 de abril, nun acto de acceso libre no Teatro Colón.
Bragakadabra, foi seleccionada por Berta Dávila, Miguel Alonso Diz (representante da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Abel Tomé e as gañadoras da edición anterior, Rosa Aneiros e Érica Esmorís, que destacaron o humor, imaxinación, fantasía e tenrura dunha narración fresca dunha historia sobre a capacidade de superación e o empoderamento.
Antía Yáñez (Burela, 1991) publicou obras como O misterio de Portomarín, Be Waterou Plan de rescate. En narrativa para adultos escribiu a novela Senlleiras. Os seusartigos gañaron os premios As mulleres que opinan son perigosas (2024) e Johan Carballeira (2022).
Premio Raíña Lupa
O galardón xurdiu en 1998 co propósito da creatividade literaria para os máis pequenosfacendo unha homenaxe ao personaxe de lenda vinculado ás terras de Compostela. O primeiro gañador foi Agustín Fernández Paz con Cos pés non aire. Desde entón o premio, convocado pola Deputación dá Coruña, conta cunha dotación de 6.500 euros e a colaboración para a edición da obra. Desde 2024 a modalidade infantil e xuvenil.
Na presente edición a modalidade dirixida ao lector xuvenil quedou deserta. Entre os gañadores de anos previos atópanse Rosa Aneiros e Érica Esmorís, así como Xosé A. Neira Cruz, Andrea Maceiras ou Lois Pérez.
Premios Daccultura
En 2026 alcánzase a V edición do certame Daccultura que se celebrará este 16 de abril no Teatro Colón (A Coruña) nunha gala de acceso libre que comezará ás 19 horas. O evento estará presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico XoánFórneas. A actuación musical desta edición correrá a cargo de Caamaño & Ameixeiras.
No transcurso da gala tamén se entregarán os premios Torrente Ballester de Narrativa; o Castelao de banda deseñada, o González Garcés de Poesía; o Antonio Fraguas de Artesanía; o Fran Pérez ‘Narf’ de música; o Andrés Gaos de composición musical; o Jesús Núñez de Arte Gráfica; o Luís Ksado de creación fotográfica e o José Gil de guion.