- “Despois de anos nos que todos, excepto o goberno de PSOE e BNG, reclamamos ata a saciedade a apertura deste centro, hoxe toca agradecer á Xustiza que nos dea a razón e condene a inactividade da Deputación de Lugo e á nova presidenta tócalle demostrar que ten vontade de cambio e que ten liberdade dentro da institución para tomar decisións”
- Antonio Ameijide reflexiona sobre a posibilidade que abre esta sentenza de esixir responsabilidades legais a políticos concretos que durante anos bloquearon o cumprimento deste convenio e tentaron enganar a veciños e administracións”
- O portavoz do PP local, José Fernández Carrete, pon en valor “a implicación de todos para reivindicar o servizo: veciños e veciñas, a Plataforma Pro Residencia de Becerreá e outros colectivos” e “o traballo do Concello que contou co noso apoio na defensa dos intereses dos veciños e a insistencia do Grupo Provincial do Partido Popular que leva presentado numerosas iniciativas neste senso”
- Ameijide explica que “PSOE e BNG votaron en contra en numerosas ocasións das iniciativas presentadas polo Grupo Provincial Popular; a última, no Pleno de xaneiro deste 2026 cando reclamábamos a apertura da residencia no primeiro semestre deste ano en idénticas condicións de servizo e prezo que o resto dos centros da rede provincial”
- O popular advirte das “constantes manobras de distracción” do goberno de PSOE e BNG para “dilatar no tempo a súa apertura” e “facer ver que fai” e subliña que “foron detectadas e condenadas polo TSXG, tachándoas de actos de trámite insignificantes ou dilatorios… que non satisfán o interese lexítimo da demandante nin a finalidade do propio convenio”
- Dende o PP esixen o cumprimento da sentenza e a apertura inmediata da Residencia nos termos asinados no convenio, non cun modelo de xestión privatizado e os prezos un 60% máis caros que estaban a pagar o usuarios do resto de centros da rede provincial como semellaba intentar o goberno provincial