Socio nº 8414 do Real Clube Deportivo da Coruña
Logo de dúas xornadas facendo bo fútbol ante o Córdoba e o Málaga (inxusto resultado polo esforzo do equipo no que puido gañar 4-1 e só acadou un empate), o equipo onte en Huesca volveu a dar bandazos semellantes a algún partido desta tempada. A primeira parte foi infumable, 45 minutos tirados ao lixo, un equipo sen ideas que apenas inquedou a portería rival.
A segunda parte mellorou coa entrada de Nsongo, pero houbo un dos cambios que penalizou o equipo que foi a entrada de Patiño.
Tivo tres ou catro erros garrafais, ata que chegou ese tanto do Huesca perdendo dous puntos de maneira impropia.
Houbo críticas a Idiakez e Gilsanz por non poñer ao inglés de orixe galego no once, ás probas do partido de onte me remito, pero quedou clara unha cousa, se os outros adestradores non o poñían era por algo.
Quedan 7 partidos, 21 puntos en xogo, o equipo ten que volver á versión do partido do Córdoba e do Málaga para acadar ese tan ansiado ascenso, onte deuse a carambola de que o Racing gañoulle ao Almería e fai que o Dépor dependa de sí mesmo, pero como digo, hai que volver ao xogo dos partidos mencionados anteriormente.
FORZA DÉPOR SEMPRE