O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, acompañado pola concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentaron a cuarta edición do festival de danza «Primavera é danza» organizado polas escolas de Lugo, que un ano máis conta colaboración da Tenencia de Alcaldía a través da área de Cultura. «Renovamos o noso apoio coas escolas de danza para continuar a difundir esta arte e as súas distintas formas, aproveitando as rúas como un gran escenario para as distintas agrupacións», explicou Maite Ferreiro, que presentou a actividade cunha exhibición de danza a cargo do colectivo Glovo.
O festival celebrarase entre o 22 de abril e o 8 de maio, coas distintas escolas realizando exhibicións no fondo da praza Maior, e un ano máis haberá un gran un espectáculo de fusión de distintos estilos que terá lugar no Auditorio Municipal Gustavo Freire o 29 de abril a partir das 20:00.
Ferreiro afirmou que con esta iniciativa a Tenencia de Alcaldía continúa a apoiar á danza «aumentando a nosa aposta, despois de contar cunha programación estable de danza ao longo de todo o ano».
Datas danza na rúa (fondo da praza Maior, en caso de choiva, soto da Praza de Abastos)
– Oxeito, 22 de abril 17:00.
– Victoria Gil Danza & Escena, 23 de abril 18:30.
– Gravitty, 26 abril 16:30.
– Magie Dance, 6 de maio ás 17:00.
– Star Dance, 8 de maio 17:00.
Semana da Danza
Ferreiro deu conta tamén das actividades ortanizadas pola Tenencia de Alcaldía pola semana da danza. 3 exhibicións «que se unen á intensa programación das escolas de Lugo», explicou a edil. A programación comezará o 17 abril cunha nova edición do «Encontro de danza da USC», que terá lugar no Auditorio Fuxan os Ventos a partir das 20.30h. Na xornada do 24 abril o Auditorio Municipal Gustavo Freire acollerá o Concurso Coreográfico 2026 a partir das 20h. Por último, na xornada do 25 de abril celebrarase o XII Encontro de centros de danza 2026 a partir das 19.30h no Auditorio Municipal Gustavo Freire. Todas as actividades serán gratuítas máis será preciso retirar entrada no portal entradaslugo.es.