Viveiro viaxa ao pasado coa conferencia de Mariña Patrimonio sobre a Cova de San Xoán Vello

Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro mércores 22 de abril, ás 20:00 horas, na Sala Multiusos da Casa do Concello de Viveiro, a conferencia A cova de San Xoán Vello: novas achegas desde a arqueoloxía.

A charla correrá a cargo de Rebeca Blanco Rotea e Francisco Alonso Toucido, arqueólogos responsables da escavación realizada en 2021 na Cova de San Xoán Vello, en Covas (Viveiro).

Durante a conferencia daranse a coñecer os resultados da intervención arqueolóxica, así como os principais achados obtidos nos traballos de escavación. A actividade permitirá achegar ao público un mellor coñecemento da historia e do valor patrimonial deste enclave singular do litoral viveirense.

Con esta iniciativa, Mariña Patrimonio quere contribuír á divulgación do patrimonio cultural da comarca e favorecer o coñecemento público dun lugar de grande interese histórico e arqueolóxico.

O acto conta coa colaboración do Concello de Viveiro e da Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo.

Comparte éste artículo
No hay comentarios