O BNG condena o ataque de Israel e urxe o Goberno do Estado a garantir a protección e seguranza da Global Sumud Flotilla

Néstor Rego Candamil exixe ao Goberno romper relacións con Israel e levar a cúpula sionista ante a Corte Penal Internacional.

O Bloque Nacionalista Galego denuncia unha nova acción criminal do Estado sionista de Israel que, durante a pasada noite, atacou e asaltou embarcacións da Global Sumud Flotilla mentres realizaba a misión rumbo a Galiza. O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, exixe ao Goberno do Estado garantir a seguranza da flotilla e romper relacións, dunha vez por toda, co Estado de Israel.

Despois de manter comunicacións desde o BNG coa Global Sumud Flotilla-Galiza, o deputado denuncia durante o pleno do Congreso “unha nova acción criminal do Estado sionista de Israel” que, durante a pasada noite, ao sur de Kalamata (Grecia), “lanchas militares israelís atacaron e asaltaron” embarcacións da Global Sumud Flotilla”.

“Unha flotilla en que participan unha decena de activistas da solidariedade galega con Palestina, ducias de cidadáns do Estado e que, polo tanto, o Goberno do Estado ten que garantir a protección de todas estas persoas” reclama Néstor Rego durante o pleno.

Do mesmo xeito, engade, debe denunciar “unha acción de piratería internacional que se suma aos crimes que leva cometendo o Estado de Israel e a cúpula sionista e pola que debe render contas ante a Corte Penal Internacional”.

Pola súa parte, o deputado nacionalista sinala que o Bloque Nacionalista Galego condena este ataque perpetrado polo Estado de Israel e expresa a súa solidariedade coa Global Sumud Flotilla.

Así mesmo, para rematar, Néstor Rego reitera a demanda realizada en diversas ocasións ao Goberno do Estado ante a ineficacia do embargo de armamento realizado polo executivo español a Israel: “o estado español debe romper relacións con Israel”sentenza.

Comparte éste artículo
No hay comentarios