Exploraremos a escritura como forma de intervención a partir da obra de Begoña Caamaño, sobre todo a través da creación de textos xornalísticos e ensaísticos. Tanto os artigos como as novelas da autora, estimulantes, lúcidos e contemporáneos, servirannos de estímulo para a produción textual desde unha perspectiva crítica e analítica. Escribiremos desde Begoña e para Begoña. Begoñizarémonos desde o pracer azul da lectura.
A cargo de Inma Otero, cunha sesión especial a cargo de Marga do Val.
– 20 prazas, gratuítas, para maiores de 18 anos, que se adxudicarán por orde cronolóxica de solicitude.
– A inscrición, gratuíta e obrigatoria, faise mediante correo electrónico en oficina@aelg.org indicando o nome, apelidos e o nome do obradoiro.
– O obradoiro terá lugar no Centro Ágora (Lugar da Gramela, 17), na Coruña.
Calendario
– Días: sábados 9, 16, 23 e 30 de maio; e 6, 13, 20 e 27 de xuño.
– Horarios: de 11.00 a 14:00 h.
Está aberto o prazo de inscrición para o Obradoiro de creación literaria Inscribir o pensamento crítico. Xornalismo e ensaio cos ciceis de Begoña Caamaño, impartido por Inma Otero, cunha sesión especial a cargo de Marga do Val, na Aula 11 do Centro Ágora da Coruña, actividade organizada pola Escola de Escritoras-es da AELG, co patrocinio da Deputación da Coruña e a colaboración do Concello da Coruña e o Centro Ágora. Comezará o sábado 9 de maio. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo electrónico a oficina@aelg.org