A través das reseñas de millóns de viaxeiros, un 10% dos aloxamentos, restaurantes, experiencias e destinos do mundo reciben anualmente esta distinción.
Guido Guía, a praia das Catedrais e os escape room da Ribeira Sacra repiten o recoñecemento do 2025, e no caso dos dous primeiros fano por quinto ano consecutivo.
A plataforma internacional TripAdvisor, unha das máis utilizadas polos viaxeiros a nivel mundial, recoñece cada ano co Travelers Choice (anteriormente Certificado de Excelencia) a selectos aloxamentos, atraccións e servizos turísticos do mundo que amosan constantemente un compromiso coa excelencia e coa hospitalidade. Cada ano aproximadamente o 10% das empresas e recursos turísticos internacionais reciben este premio que os distingue entre os preferidos de todo o planeta.
Na provincia de Lugo foron recoñecidos o proxecto Guido Guía (cun promedio de 5,0 burbullas e 356 opinións), El Secreto del Monje (5,0 burbullas e 86 opinións), La Búsqueda Escape Room (4,9 burbullas e 177 opinións) e a Praia das Catedrais (4,6 burbullas e 4.842 opinións).
TripAdvisor utiliza un algoritmo patentado para determinar as homenaxeadas e homenaxeados de Travelers Choice. Ten en conta a calidade, cantidade e actualidade das críticas e opinións enviadas polas viaxeiras e viaxeiros en TripAdvisor durante un período de 12 meses, así como a tendencia e clasificación no índice de popularidade do lugar.
Para ser recoñecido para Travelers Choice, unha empresa ou destino debe manter unha clasificación xeral de burbullas de TripAdvisor de cando menos catro de cinco, ter un número mínimo de opinións, e debe ter estado en TripAdvisor como mínimo 12 meses.