La Goleta Santo Domingo Betanzos inicia a Fase de Ascenso

O rival, o Calvo Artai, xa caeu nas semifinais de zona contra os betanceiros.

Comeza a Fase de Ascenso a Segunda División autonómica La Goleta Santo Domingo Betanzos, un dos equipos sénior masculino do club betanceiro tras o primeiro posto na Liga Coruña-Ferrol-Lugo de Terceira. Os xogadores de Javier Blanco Rivera, que suman 22 vitorias en 22 partidos na temporada, comezan esta nova andaina contra o conxunto carballés do Calvo Artai, ao que xa gañaron por un contundente 82-51 nas semifinais da liga regular hai un par de semanas. O partido terá lugar o sábado ás 18:30h en Carballo, nunha xornada que medirá tamén ao Terra Cha Cidade de Lugo (subcampión de liga) contra o equipo vigués de San José de Cluny.

Obradoiro específico de minibasket no José María Valeiro e reducida xornada de canteira

Polo que toca ao resto de xornada, a mesma comeza o venres 1 cun Obradoiro específico de minibasket organizado pola EGA (Escola Galega de Adestradores) no José María Valeiro Iglesias Tocayo ás 10, impartido polo adestrador do Santo Javier Codesido e Javier Cotelo, e terá a súa continuación, o día seguinte, co encontro entre os júnior de Texas Controls e Liceo, no que supón o primeiro partido dos de Antonio Díaz “Doc” na fase de disputa do 9o ao 12o da Liga Coruña-Ferrol. As júnior de Infor-B, pola súa parte, viaxan a Coruña para medirse a Esclavas e as cadetes de Decornaveira xogan a súa eliminatoria contra Basquet Coruña U-15, nun partido que as pode meter entre os cruces dos catro mellores equipos da Liga Coruña-Ferrol previos á Fase de Ascenso.

No que respecta aos equipos infantís, dobre enfrontamento do Cyrdega masculimo e o Warnier feminino contra Maristas, en partidos cunha enorme transcendencia para as aspiracións dos conxuntos betanceiros. As citas, o sábado ás 12h e o domingo ás 10h.

Comparte éste artículo
No hay comentarios