O BNG de Vimianzo acusa ao goberno de ocultar a mala xestión na crise social

O BNG de Vimianzo cualifica de“manipulación e ocultación de datos” as recentes declaraciónsdo goberno municipal en relación coa crise no servizo de xestión da escola infantil e da vivenda comunitaria.

Desde o BNG lembran que esta situación non é sobrevida nin inesperada, senón consecuencia directa dunha mala planificación e dunha xestión irresponsable por parte do executivo local. Os nacionalistas indicaron que a alcaldesa era plenamente coñecedora, dende había anosdos problemas da empresa adxudicataria. Aínda así, deixaron expirar a prórroga asinada en 2021 sen convocar nova licitación, mantendo o servizo “en precario”, sen contrato en vigor e ignorando reiteradamente os informes negativos deIntervención e Contas, así como as multiples adventencias feitas dende o BN en sesión plenaria acerca do risco que supuña manter o servizo nesta situación irregular, tanto neste caso como noutros contratos municipais.

Para a formación nacionalista resulta “especialmente graveque agora se intente trasladar unha versión edulcorada da realidade, evitando asumir responsabilidades políticasevidentes nunha crise que era perfectamente previsible e evitable cunha xestión rigorosa”.

O BNG advirte de que esta xestión irresponsable terá un importante impacto económico nas arcas municipais. Por unha banda, o Concello xa tivo que asumir directamente diversos gastos desde o abandono do servizo por parte de Reacteda,como subministracións e impostos, custos que a propia alcaldesa anunciou que reclamará pola vía xudicial.

Pero por outra banda, haberá que facer fronte ás débedas acumuladas pola empresa antes de deixar o servizo. Entre elas inclúense as mensualidades de xaneiro e febreiro, que foron abonadas polo Concello a Reacteda pero que esta non trasladou nin ás traballadoras nin ás empresas subministradoras. Estas obrigas deberán ser asumidasunicamente pola nova empresa adxudicataria, o que inevitablemente se traducirá nun encarecemento do contrato e, en consecuencia, do custo do servizo nos vindeiros anos.

Comparte éste artículo
No hay comentarios