Aproveitaban as camariñanas o partido adiantado á festividade do 1 de Maio para sumar tres puntos e manterse nesa terna de favoritas para ocupar a segunda praza, que implica o ascenso directo e na que estiveron instaladas moitas semanas. Agora, dependen do que fagan Outes e Cabana, por enriba delas e que desputarán os seus encontros durante a fin de semana.


Foron noventa minutos prácticamente de dominio azul, creando perigo e ocasións desde o mesmo inicio, aínda que sen sorte de cara ao gol, que finalmente chegaria despois de varios rexeites na área que resolvería a capitana Paula empurrando ao fondo da rede. Non se movería o marcador pero as oportunidades chegaban unha e outra vez para unha Escola Cabrejo que mesmo desperdiciaba un penalti, que Yara mandaba alto. As Miúdas tiñan a súa mellor xogadora baixo paus, cunha Adriana Siaba que malograba unha e outra vez os ataques das locais. No treito final as visitantes foron achegándose á área de Desirée pero sen éxito. O 1-0 daba eses puntos festivos nesta penúltima xornada de competición.![]()