Centos de corredores consolidan o Trail Orixes de Mondariz como referente en Galicia

Trail Orixes de Mondariz volveu situar a localidade como referente do trail running en Galicia, reunindo a centos de corredores nunha xornada esixente e de gran nivel competitivo. Así, ano a ano, a proba continúa medrando en participación e prestixio, coobxectivo de consolidarse a nivel nacional.

No relativo aos resultados, na distancia Ultra, Miguel Portal Losada levou a vitoria, seguido de Luis García Iglesias e Daniel Alonso Sayar. En categoría feminina, triunfou María del Rosario Figueroa Figueroa, con Ana Belén Rubio Álvarez segunda e Belén Rodríguez Vidal terceira.

Na categoría Maratón, Alberto Villamor Roibás foi o gañador masculino, mentres que Carmen Rodríguez Villaverde se impuxo en feminina. Completaron os podios Darío Arias Costas e José Santiago Villar, así como Montserrat Alférez Alonso e Shirley Carolina Garcés Soto.

Nas distancias restantes, Bruno Souto Ferradás e Estefanía Muras Serantes venceron no Trail; Diego Domínguez Crespo e Alicia Borrego Sánchez no Mini Trail; e Diego Pons Ramos xunto a Águeda Ramírez Díez no Promo Trail.

Ademais, a Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada avaliou as distancias Ultra e Maratón de cara á súa homologación, “nun paso máis cara aoobxectivo de converter a proba en Campionato de España de Ultra Trail”.

Comparte éste artículo
No hay comentarios