O Neón Tasca Santo Domingo Betanzos inicia o cruce final no Grove

As rapazas do sénior feminino buscan 0 19o posto da competición.

Logo do remate da Liga de Segunda División no seu grupo Norte, na que as xogadoras de Lalo Golpe acadaron o décimo posto na clasificación, o Neón Tasca Santo Domingo Betanzos, o conxunto sénior feminino do club, inicia os cruces finais da competición medíndose ao CB O Grove Hortos, décimo clasificado do Grupo Sur. Malia os modestos resultados da liga regular (16 derrotas e 6 vitorias), motivados fundamentalmente por unha curta plantilla que se viu obrigada á convocatoria de xogadoras júnior e mesmo cadetes, o primeiro equipo feminino do club buscará deixar bo sabor de boca neste remate de temporada. O encontro terá lugar o sábado ás 18h no Grove e o partido de volta será a vindeira semana.

F4 da Coruña para Grelo e o último partido en categoría de formación para as Júnior

Polo que toca ao resto da xornada destaca o inicio da Fase Final da Coruña na que participa o equipo cadete de Grelo, que se medirá nunha semifinal de ida e volta a Montrove, e o encontro entre as júnior de Infor-B e Basquet Coruña (sábado 10h nas Mariñas) no que supón o último partido en categorías de formación para as rapazas de Sergio Gómez, posto que non disputarán a copa. Suceda o que suceda no mesmo, o equipo conseguirá o quinto posto na Liga Coruña-Ferrol.

O júnior masculino de Texas Controls recibe a Baxi Ferrol o sábado ás 12h, os infantís de Cyrdega a Basquet Coruña dúas horas antes e o Warnier feminino desprázase a Arteixo. As cadetes de Decornaveira reciben o domingo a Laracha e o Sénior de Terceira visita Cee para medirse ao Costa da Morte. No que respecta á canastra pequena, partidos no Agra contra Salesianos, Culleredo e Maristas, e quenda para as premini de 91o na Sagrada Familia contra Compañía.

La Goleta recibe ao San José-Cluny vigués o domingo ás 17h nun novo partido da Fase de Ascenso.

Comparte éste artículo
No hay comentarios