Preto de trescentas persoas concentráronse ás tarde do sábado 9 de maio na rúa San Roque, fronte á tenda Arenal Perfumerías, para esixir a readmisión dunha traballadora despedida tras denunciar á empresa por vulneración de dereitos fundamentais.
O conflito orixinouse cando seis traballadoras solicitaron abrir un protocolo por acoso cara á responsable da tenda. A empresa só pechou o expediente seis meses despois, sen o acordo das partes que conformaban a comisión instrutora, despois de ser denunciada por desamparo e vulneración de dereitos fundamentais.Como resposta, a empresa despediu a unha das denunciantes.
A concentración, convocada baixo os lemas «Se tocan a unha, respondemos todas» e “Arenal cheira mal” transcorreu de forma multitudinaria e reivindicativa, con mostras de apoio veciñal e sindical, denunciando tamén as condicións laborais das traballadoras.
As traballadoras anuncian que manterán as mobilizacións ata lograr xustiza para a súa compañeira e reclaman un espazo laboral libre de acoso e represalias.