Espiño preguntaranos se sabemos da existencia dun camiño xacobeo entre volcáns na illa de Gran Canaria.
A partir de aí reflexionará sobre a riqueza xeolóxica e a biodiversidade dunha illa que está nestes aspectos ao nivel de Galápagos, con moitas especies en situación vulnerable ou en perigo de extinción
Pequena biografía:
José Manuel Espiño Meilán naceu en Lugo e vive nas Palmas de Gran Canaria.
Estudou maxisterio en Lugo e especializouse en Educación Ambiental, feito que marcou a súa traxectoria como ensinante.
Fundou o «Colectivo Ecologísta Turcón», que defende os espazos naturais no arquipélago.
Publicou 9 novelas e presentará en breve o seu último libro, que é unha biografía e un ensaio arredor do teatro afeccionado en Canarias, titulado «Cuando la luz se apaga»

Manuel Vázquez e Xosé Manuel Saa