A Carreira de Obstáculos A Revolta Irmandiña encara a súa recta final superando xa as cifras da primeira edición 

A carreira, que ven de agotar inscricións na categoría Popular, reforzará este ano a súa programación deportiva, gastronómica e turística para atraer visitantes á comarca durante toda a fin de semana.

A Revolta Irmandiña encara a súa recta final de inscricións consolidándose como unha das citas deportivas con maior crecemento da comarca. A falta dun mes para a celebración da carreira, prevista para o 14 de xuño entre Verín e Monterrei, a organización xa igualou o número de atletas participantes, superando as 360 inscricións e facendo sold out nas categorías populares. A proba mantén abertas as últimas inscricións nas modalidades competitivas, entre elas a nova categoría Starter, pensada para atletas que queren iniciarse na competición OCR nun formato máis progresivo e cun sistema de “vidas” nos obstáculos.

Na rolda de prensa estiveron presentes Marcos Vázquez Guzmán, director da Área de Cultura e Deportes da Deputación de Ourense; Diego Lourenzo, concelleiro de Deportes do Concello de Verín; Manuel Pérez González, xefe de servicio de Deportes da Xunta de Galicia na provincia; José Luis Suárez Martínez, alcalde do Concello de Monterrei; e José Prado, representante da organización da Revolta Irmandiña

Comparte éste artículo
No hay comentarios