Elena Candia recibe no salón de plenos ao alumnado de Primaria do Colexio da Milagrosa

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, xunto co concelleiro de Educación, Javier Vázquez, recibiron esta mañá no salón de plenos da Casa do Concello ao alumnado de 1º e 2º de Primaria do Colexio da Milagrosa

Durante o encontro, os nenos e nenas puideron coñecer o funcionamento básico do Concello, o significado do salón de plenos como espazo no que se debaten e aproban decisións importantes para o municipio.

Como novidade respecto ás visitas escolares que se viñan realizando ata o de agora, a alcaldesa acompañou tamén aos escolares ata as dependencias da Alcaldía para ensinarlles o espazo no que se desenvolven as recepcións oficiais e distintos encontros institucionais.Esta iniciativa enmárcase na vontade do goberno municipal de seguir abrindo o Concello á cidadanía e achegar as institucións municipais aos máis pequenos dunha maneira didáctica e participativa 

Comparte éste artículo
No hay comentarios