Este venres 15 de maio ás 17 h. será inaugurada no castelo de Pambre a exposición de 20 carteis de Azucena P Souto, comisariada polo galerista Braulio Vilariño.
Dotada dunha gran capacidade analítica e unha encomiable creatividade, a deseñadora gráfica Azucena Souto deseñou os carteis e material gráfico de gran parte das exposicións colectivas e individuais de artistas como Menchu Lamas, Antón Patiño, Correa Corredoira, Álvaro de la Vega, BelKis Oliveira, J M Méndez, Viki Rivadulla, Adolfina Mesa, Peter Kramer ou Anxo Cabada entre outros, que o Instituto de Estudos Ulloáns organizou nos últimos anos no castelo de Pambre. É tamén autora do logo do Instituto de Estudos Ulloáns, que representa sintéticamente as raíces e o patrimonio cultural da Ulloa.
A exposición permanecerá aberta ao público dende o 16 de maio ao 27 de xuño de 2026.