Luisa Sánchez felicita á Atlántida de Matamá polo seu ascenso a Preferente

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra e deputada de Deportes, Luisa Sánchez, visitou o Campo Penedo da Moo para felicitar á Atlántida de Matamá polo seu ascenso a Preferente, categoría que o club de fútbol vigués recupera só un ano despois. A representante provincial estivo acompañada polo xefe provincial do servizo de Deportes da Xunta de Galicia, Daniel Benavides, nun acto no que ambos entregaron cadansúas placas conmemorativas ao club para recoñecer unha tempada na que o equipo se mantivo nas primeiras posicións da clasificación practicamente de principio a fin.

Luisa Sánchez trasladou os seus parabéns ao cadro de xogadores, ao corpo técnico e á directiva polo traballo realizado ao longo do curso e destacou a capacidade do equipo para recuperar a categoría “á primeira”, nunha campaña marcada pola regularidade e pola emoción dun desenlace axustado.

Comparte éste artículo
No hay comentarios