Elena Candia na procesion do Corpus Christi lucense

A cidade de Lugo volveu poñer de manifesto o profundo vínculo histórico, cultural e relixioso que mantén coa solemnidade do Corpus Christi, unha das celebracións máis arraigadas na identidade e na esencia da comunidade lucense.

A xornada principal estivo marcada pola celebración da Eucaristía na Catedral, un acto litúrxico presidido polo Bispo de Lugo. Posteriormente, centos de veciños e visitantes sumáronse á tradicional procesión que percorreu as principais rúas do centro histórico, na que parrticipou por primeira vez como alcaldesa, Elena Candia, nun ambiente de respecto e solemnidade que caracteriza a esta festividade de gran relevancia para a «Cidade do Sacramento». Foi unha honra participar na Eucaristía e camiñar xunto a centos de lucenses nesta procesión que forma parte da nosa historia viva», sinalou Elena candia , que puso en valor a alta participación cidadá.

Dende a organización amosaron o seu máis sincero agradecemento a todas as persoas, colectivos e servizos públicos que fixeron posible que, un ano máis, Lugo lucira co seu máximo esplendor nesta xornada tan especial. Co éxito de participación desta edición, Lugo referenda a súa condición histórica como custodio dunha tradición secular que segue unindo a xeracións de lucenses.

Comparte éste artículo
No hay comentarios