Antonio Ameijide: “Levamos tres anos solicitando que se nos facilite esta programación e agardamos que agora, ese tempo novo do que sempre presume Carmela López sexa unha realidade e se materialice, o que redundaría nunha maior transparencia que é algo do que adoece a administración provincial”.
Os deputados do Grupo Provincial Popular agardan que Carmela López cumpra coa palabra dada no pleno ordinario de maio e entregue a planificación de traballos do parque móbil ata fin de ano, polo que “vimos de rexistrar unha solicitude para que Carmela López facilite a programación das actuacións previstas ata o remate do ano 2026”.
O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, lembra que a propia presidenta se comprometeu durante o pleno ordinario celebrado no mes de maio a facilitar a programación. “Seguindo os cauces oficiais, rexistramos unha petición de acceso á programación e agardamos que o compromiso que adquiriu se cumpra”, sinalou.
O popular tamén pide “igualdade de trato” na cesión das brigadas do parque móbil, xa que “en función do municipio, traballan en vías municipais ou unicamente en vías provinciais”. Ademais, puxo o foco en que “naqueles concellos en que traballan nas vías municipais, adoitan facelo baixo a tutela dos cargos socialistas da zona”.
Antonio Ameijide considera que coñecer a planificación das actuacións do parque móbil “é fundamental” na labor de control e fiscalización da acción do goberno provincial.
Antonio Ameijide recorda que “levamos tres anos solicitando que se nos facilite esta programación e agardamos que agora, ese tempo novo do que sempre presume Carmela López sexa unha realidade e se materialice, o que redundaría nunha maior transparencia que é algo do que adoece a administración provincial”.