Os traballos estanse a executar arestora no centro urbano e no conxunto histórico.
En todo o termo municipal de Tui está a ser eliminado o cableado de cobre que quedou obsoleto tras a implantación da fibra óptica. Dende o Concello de Tui solicitouse esta actuación á compañía Telefónica para así retirar este material que quedou en desuso. Os traballos comezaron hai tres meses na parroquias, onde se completou xa a actuación que prosegue agora no centro urbano e no conxunto histórico.
Unha empresa subcontratada por Telefónica executou xa retirada do cableado aéreo no rural e estes días traballa na eliminación do cableado canalizado no núcleo urbano. Con esta actuación libéranse as fachadas de infraestruturas antigas o que contribúe a unha maior orde e limpeza visual das rúas do tanto do centro urbano coma do histórico.
Os traballos inclúen a retirada do cableado e a desmontaxe das instalacións obsoletas, deixando os espazos en condicións axeitadas unha vez rematada a intervención.