A Onda de Nemiña e O Feirón de Senande serán os grandes eventos da programación.
Muxía Itinerante regresa este verán para levar a cultura a distintos puntos do Concello de Muxía. Obradoiros, roteiros, actividades deportivas, música e espectáculos conforman a axenda de Muxía Itinerante, unha iniciativa que busca descentralizar a oferta cultural e chegar a distintos lugares da comarca. A Onda de Nemiña e o Feirón de Senande serán os eventos principais dunha programación que se alongará durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro.
Muxía Itinerante forma parte da programación de Muxía Cultural, un proxecto do Concello de Muxía e a cooperativa cultural Horta Creativa que naceu no 2025 coobxectivo de crear unha escena cultural forte en Muxía
, poñendo en valor todo o que a vila e a comarca teñen que ofrecer, e organizando eventos que combinen a tradición, a gastronomía, a contorna e o patrimonio da zona. A Festa do Congro e as Letras Galegas foron a primera parte da programación de Muxía Cultural para este 2026, que continúa agora con Muxía Itinerante.
Programación completa de Muxía Itinerante
Feirón de Senande: O luns 6/07Muxía Itinerante irá ata Senande para celebrar o seu tradicional feirón. No 2025 reformulouse esta feira para ofrecer máis actividades ao londo de toda a xornada. Seguindo o iniciado entón, este ano teremos obradoiros, postos de artesanía e gastronomía e concertos. A programación completa deste día darase a coñecer nas vindeiras semanas.
Roteiro: O sábado 18/07 a partir das 10:00 horas faremos un fermoso roteiro dende Muxía ata Moraime da man de Xan Fernández, que nos guiará e compartirá detalles e curiosidades ao longo do percorrido. É unha oportunidade para coñecer máis de preto a historia e natureza desta zona.
A Onda de Nemiña: O venres 31/07 volvemos á incrible praia de Nemiña para vivir unha xornada de deporte, música e mar, na que teremos moitas sorpesas. O ano pasado tivemos clases de surf, un divertido concurso de figuras de area, gastronomía máis concertos. Este ano seguiremos a mesma folla de ruta con novas actividades para gozar do día de praia. Comunicaremos a programación completa nas vindeiras semanas.
Noite astronómica: O Faró de Touriñán é o punto da península onde máis tarde se deita sol. Dende alí podemos gozar de incribles solpores e por iso é o lugar elixido para a noite astronómica que viviremos co experto Jorge Mira, na que veremos estrelas, constelacións e planetas, e aprenderemos a descifrar o noso ceo, cheo de historias e lendas. Será o martes 18/08 ás 23:00 horas.
Monólogos. Ademais, este verán ímolo pasar moi ben coa chea de monólogos que teremos en distintas vilas. A programación é a seguinte: O 21/06 en Quintáns: “Estremonías da silva”, con Lilá Teatro. O 30/08 en Suxo “Mulleres de conto” con Cris de Caldas. O 6/08 en Merexo “Vicio houbo sempre” con Atenea García. O 19/09 en Os Muíños unha nova entrega de “Mulleres de conto” con Cris de Caldas. E o 20/09 en Nemiña outra de “Vicio houbo sempre” con Atenea García.
Todas as actividades son de balde e abertas ao público.