Silee oposita ao tema galego do verán con “Furancho”, o seu novo sinxelo 

O artista morracense vén de obter máis de medio millón de reproduccións no seu éxito viral Milajros de Amil. 

Descubre más noticias musicales como ésta

O artista urbano Silee vén de publicar o seu novo sinxelo Furancho, que exerce como cuarto adianto do seu próximo traballo discográfico. Tras o enorme éxito viral de Milajros de Amil, primeiro sinxelo desta etapa que xa conta con máis de medio millón de escoitas e que se colou entre os 20 temas máis virais de España na plataforma Spotify, e o lanzamento deBruxa Curuxa e Orballo, o bueuense atrévese agora cun dancehall con toques de reggaetón e trap que entra na terna para ser un dos himnos deste verán galego. 

Segundo palabras do propio cantante, Furanchonace da lembranza e que está destinado a lembrar o verán de 2016, traendo de volta a súa esencia musical e dándolle un lavado de cara máis actual. Con referencias a un dos grandes himnos do dancehall estatal,Fiebrede Bad Gyal, Silee trata de transmitir a calor do verán, así como estar cos amigos por aí e eses primeiros e sutís momentos amorosos que se viven nesta época. 

Este enfoque contrasta cos últimos lanzamentos do artista, nos que desafogaba sobre o que estaba a vivir musicalmente. Nesta ocasión, pon o peso en saír do estudo e gozar da xente que o rodea. Furancho ve a luz xunto cun videoclipdirixido e realizado por Juan Gómez, gravado en Moaña e no antigo Furancho de Willy de Bueu. 

MÁIS SOBRE SILEE

O cantante galego Silee é unha das grandes sensacións do momento no panorama musical urbano. Artífice dunha das cancións máis virais do 2026 en galegoMilajros de Amil, o bueuense transita  de maneira ecléctica e con naturalidade por xéneros como a bachata ou a cumbia entre outros, mesturando e renovando estes estilos nunha proposta que xa está a revolucionar as redes sociais, conectando con novas xeracións de ouvintes. 

A súa frescura musical está a causar sensación dentro dun xénero inmerso nun momento de grande auxe neste ano, emerxendo como unha das figuras máis destacadas do mesmo. Cun forte arraigo á súa terra, o de Bueu busca deixar pegada afastado das grandes urbes, traballando por volver situar á súa vila e a Galicia no mapa musical actual.  

Con xa dous EPs e un álbum publicados dende os seus comezos en 2023, Silee está inmerso na preparación dun novo traballo discográfico en galego que verá a luz este mesmo ano, e no queMilajros de Amil,Bruxa Curuxa e Orballoson a súa carta de presentación. O primeiro destes sinxelos foi unha das grandes sensacións da música en galego no comezo de ano, con xa máis de medio millón de escoitas en tres meses, chegando ata o top 18 na lista de 50 cancións máis virais de España en Spotify. A viralidade deste primeiro adianto foi tal que antes de lanzarse en plataformas o tema xa aparecía en centos de vídeos de distintas redes sociais. 

espírito inquedo e a creatividade do artista galego levárono a autoproducir os seus temas, do mesmo xeito que os seus videoclips, reafirmando o seu estatus como artista multidisciplinar. Cos focos postos nel tras a grande repercusión acadada neste ano, o artista traballa para elevar o seu proxecto e talento cara a novas cotas. 

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios