200 alumnos e alumnas no arranque de curso da Escola de Gaitas da Provincia de Pontevedra

por Redacción Pontevedra

As clases de Gaita, Pandereita e Zanfona volven a ser as máis demandadas neste curso 2023/24

A Escola de Gaitas da Provincia de Pontevedra arrancou xa o seu novo curso 2023/24 cun total de 200 alumnos e alumnas matriculados.

Un ano máis, as clases de Gaita, Pandereita e Zanfona volven a ser as máis solicitadas. No caso da Gaita son 103 alumnos e alumnas os que formalizaron a súa inscrición e moitos deles forman parte, tamén, da Banda de Gaitas, mentres que a Pandereita conta con 21 alumnos e alumnas e a Zanfona outros 16.

As mulleres matriculadas na Escola de Gaitas da Provincia de Pontevedra supón máis do 50 por centro do seu alumnado con idades comprendidas entre os 6 e os 72 anos. O cadro docente está formado por 5 profesores.

Na actualidade, a Fundación Banda de Gaitas da Provincia de Pontevedra é a única que traballa exclusivamente na formación da música galega e que ofrece aos alumnos e alumnas, a posibilidade de comezar a estudiar a nosa tradición poñendo a súa disposición os instrumentos necesarios, durante os dous primeiros anos de formación.

As novas xeracións, o futuro Precisamente, na convicción de que o futuro da nosa música tradicional está nas novas xeracións, a Fundación continua facendo un gran esforzo para que a matrícula nas modalidades de gaita, pandereita e tambor, así como as súas clases, sexan gratuítas ata os 16 anos de idade.

Nas instalacións do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi), tamén realízanse outras propostas formativas como Zanfona, Canto Tradicional, Corda pulsada, Acordeón e Música e Movemento, todas elas sen límites de idade.

O máximo expoñente da Fundación é a Banda de Gaitas da Provincia de Pontevedra, onde os alumnos e alumnas máis avantaxados, ademais da labor formativa, forman parte dunha labor divulgativa a través das actuacións e concertos que levánse a cabo ao longo do ano.

As persoas interesadas en calquera destas clases tradicionais poden atopar toda a información ao respecto e formalizar a súa inscrición a través da web www.escoladegaitas.es o chamando ao 986487020.

Historia da Fundación No 2019 se constitúe formalmente a Fundación Banda de Gaitas da Provincia co principal obxectivo é promulgar a valorización, o respecto e a transmisión nas xeracións tanto da música como da tradición galega. Entre os fitos máis destacados da Escola de Gaitas, a súa participación no Día da Hispanidade no 2003 en New York o Festival de Santa Lucia en Monterrey (México) no 2008, na saída da volta ciclista a España 2013 e na etapa final da volta ciclista a España no ano 2022.

Pola Escola de Gaitas, pasaron xa máis de 5.000 alumnos e alumnas e, na actualidade, centra toda a súa actividade nas instalacións do Ifevi, xestionando, ademais, a Escola de Gaitas do Concello de Fornelos de Montes.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario