. Vista a aprobación en Xunta de Goberno de 1.140.000 euros a maiores do orzamentado que xa ascendía a 1.039.000. Con este incremento o as festas do S Froilán pasara a ter un orzamento de 2.179.000 euros «todos queremos as mellores festas pero non se pode xogar cos aforros de todos os lucenses» dixo Maite Ferreiro. A exconcelleira de cultura preguntase «se este incremento, de 1 millón de euros, estará relacionado co nomeamento de una asesora que no seu momento fixose cargo da Sociedade «Lucus Espectaculos SL»». A asesora, nomeada por Candia, figura como administradora única da empresa Lucus Espectaculos S.L. e era habitual que fixese diferentes xestións ante o concello de Lugo para a organización de diferentes festas e a contratación de grupos para os eventos que organizaba o concello de Lugo.
O BNG ve pouco serio deixar sen aforros ao Concello de Lugo. A edil Maite Ferreiro dixo que «por exemplo no COVID foi fundamental que o concello tivese aforros para investir en sectores da cidadanía que pasaron por un mal momento». Maite Ferreiro explicou que «Candía ordena gastar 2 millons de euros no S. Froilán cando o concello, históricamente, investia entorno a 1 millón de euros» e engadiu «o orzamento das festas de Lugo sempre pode incrementarse pero o BNG sempre fixo unhas festas para todos, moi dignas e contendo o gasto para que non se disparase enormente». Para o BNG a política do PP basease en mercar vontades, como se puido ver na moción de censura do concello de Lugo, «un dos camiños é a través das festas e das comisións que as organizan na cidade de Lugo e en outras vilas e parroquías» asegurou Maite Ferreiro.