Lugo converterase nun gran escenario deportivo ao aire libre coa celebración do “3×3 Deporte na Rúa”

A iniciativa impulsada polo Concello reunirá durante tres días competicións, exhibicións e actividades deportivas para todas as idades en distintos espazos da cidade

Martes 16 de xuño de 2026.- O Concello de Lugo, a través da Concellería de Deportes, promoverá os días 26, 27 e 28 de xuño unha nova edición do “3×3 Deporte na Rúa”, unha proposta deportiva e social que converterá diferentes espazos públicos da cidade en puntos de encontro para a práctica deportiva, a convivencia e o lecer saudable

A iniciativa celebrarase coincidindo co remate do curso escolar e coa chegada do verán, co obxectivo de fomentar a actividade física, achegar o deporte á cidadanía e promover hábitos de vida saudables entre persoas de todas as idades.

O programa combinará competicións deportivas, exhibicións, actividades participativas e espazos de iniciación a distintas disciplinas, coa colaboración dos clubs e entidades deportivas da cidade, que terán un papel protagonista nesta gran festa do deporte.

As actividades desenvolveranse en diferentes puntos emblemáticos da cidade, entre eles a Horta do Seminario, a Praza da Milagrosa, a Praza Anxo Fernández Gómez e a Praza Roxa, entre outros espazos que durante esa fin de semana se transformarán en escenarios deportivos ao aire libre.

A programación incluirá tamén áreas de xogos inchables, zonas de animación e actividades dirixidas tanto á infancia e á mocidade como ás familias e persoas adultas, favorecendo a participación e a convivencia arredor do deporte.

Desde a Concellería de Deportes destacan que esta iniciativa busca reforzar o papel de Lugo como unha cidade activa, dinámica e comprometida coa promoción da práctica deportiva, ao tempo que contribúe a dinamizar os espazos públicos e a visibilizar o importante traballo que desenvolven os clubs e entidades deportivas locais.

A actividade conta coa colaboración da Xunta de Galicia e do diario La Voz de Galicia.

A Concellería de Deportes recupera o evento  “3×3 Deporte na Rúa”, que regresara en na derradeira semana do mes de Xuño. O evento combinará competicións por categorías, actividades mixtas, espazos de divulgación deportiva e zonas de animación, co obxectivo de atraer á participación tanto a nenos e nenas como a mocidade e persoas adultas.

 Con esta actividade o Concello pretende revitalizar o uso deportivo dos espazos públicos, impulsar ás entidades locais, fomentar a práctica deportiva e reforzar Lugo como cidade activa, dinámica e comprometida cun estilo de vida saudable.

A disputa das diferentes disciplinas deportivas estaría distribuida do seguinte xeito:

·       Baloncesto 3×3 :

o      Praza Roja ( Rúa Cornubia )

§      CATEGORÍA 1 (2019-2018-2017)

§      CATEGORÍA 2 (2016-2015-2014)

§      CATEGORÍA 3 (2013-2012-2011-2010)

§      CATEGORÍA 4 (de2009 en diante)

o      Os equipos estarán compostos por tres, catro ou 5 xogadores/as, xogando 3 titulares

·       

·       Futsal 3×3 :

o      Praza do Castiñeiro ( Lamas de Prado )

§      CATEGORÍA 1 (2019-2018-2017)

§      CATEGORÍA 2 (2016-2015-2014)

o      Cada equipo estará composto por tres, catro ou cinco xogadores/as dos cales tres son titulares

·       Volei 3×3 :

o      Parque de Frigsa – Cancha Volei Praia

§      CATEGORÍA 1 (2019-2018-2017)

§      CATEGORÍA 2 (2016-2015-2014)

§      CATEGORÍA 3 (2013-2012-2011-2010)

§      CATEGORÍA 4 (2009 en adiante)

o      O equipo deberá presentar un mínimo de 3 xogadores/as e un máximo de 5

Comparte éste artículo
No hay comentarios