“O equipo de goberno non pode alegar descoñecemento xa que os veciños trasladaron as súas queixas e reclamacións ao Concello en numerosas ocasións”.
Os concelleiros do Grupo Municipal do PP de Monforte pedirán ao goberno local que impulse un plan de actuación para mellorar o barrio de Cobas dadas as numerosas eivas que presenta e para as que os veciños levan moitos meses reclamando solucións.
Os concelleiros populares recordan que este barrio é un dos que conta con máis poboación en Monforte, xa que medrou de forma importante nos últimos anos. “A pesar deste crecemento, o goberno de Tomé non lle presta a atención que merece, amosando unha imaxe de abandono e de falta de atención”, lamentaron.
Ante esta situación, os veciños do barrio trasladaron en numerosas ocasións as súas reclamacións e queixas ao equipo de goberno, polo que “non poden alegar descoñecemento”, sendo as principais queixas:
− Un local social para levar a cabo reunións e actividades
− Una mellor comunicación para a organización da festividade anual do barrio
− Deterioro das infraestruturas viarias, poñendo como exemplo as beirarrúas da Rúa Ourense.
− Barandas perigosas dado o seu mal estado e ausencia de zonas peonís adecuadas
− Mellora da seguridade viaria, precisando a instalación de elementos redutores da velocidade
− Falta de aseo de fincas públicas
− Ausencia de solucións aos vertidos ao río
“Falamos dun barrio próximo o centro urbano, pero cunha falta de mantemento alarmante”, explicaron, motivos polos que os concelleiros do PP de Monforte defenderá que o Concello impulse un plan de actuación para a mellora das infraestruturas da zona.