Ave, Orozco: O pai do Arde Lucus e a súa herdanza política

Cómpre facer xustiza á figura de José López Orozco, alcalde de Lugo entre os anos 1999 e 2015. Foi o creador dunha das festas máis importantes da xeografía galega e estatal, o noso inmortal Arde Lucus, foi froito da visión dun alcalde que, no seu momento, soubo ver máis alá do presente.

O mérito é indiscutiblemente seu: o dun rexedor campechano que, con visión de futuro, logrou transformar Lugo. Non obstante, a súa traxectoria estivo marcada pola complexidade das alianzas; gobernar co BNG nunca lle resultou unha tarefa fácil. Quizais por iso, ou por outras dinámicas internas, os seus propios «compañeiros» de partido acabaron por apartalo da escena política.

Hoxe, o tempo pon a cada un no seu sitio. Mentres o Arde Lucus segue a ser o maior legado festivo da cidade, a figura de Orozco permanece como un símbolo dunha época de Lugo onde a política, con todos os seus acertos e erros, tiña unha aposta clara pola proxección da cidade.

Cando Lugo estaba por riba das siglas

A esencia de Orozco non se atopaba nos grandes despachos, senón no contacto diario coa rúa. Hai unha anécdota que define mellor que calquera discurso quen era o home detrás do alcalde:

Un día, ao cruzarse cunha señora que camiñaba con gran dificultade cargada de bolsas, Orozco non dubidou en achegarse para ofrecerse a axudala. A muller, ao recoñecelo, detívose e, sen rodeos, sentenciou: «Eu voto ao PP, pero vostede gústame moito’. Orozco, cun sorriso e esa naturalidade que o caracterizaba, replicoulle: ‘Vostede e eu somos lucenses, verdade?’. Ante o ‘si’ da muller, el pechou a conversa cunha lección de pragmatismo político: ‘Pois xa está, o máis importante é Lugo, non o PP nin o PSdeG».

Ese era o López Orozco que moitos lucenses lembran: un político que entendía que, ao final do día, a lealdade á cidade debía estar sempre por riba da disciplina de partido. Unha filosofía que, ironicamente, quizais foi a que máis o distanciou das estruturas ríxidas da súa propia formación política.

Ave, Orozco. Todo Lucus te saluda

Comparte éste artículo
No hay comentarios