A Asociación Cidadá Agra dos Castros presentarase en sociedade o 26 de xuño na Praza da Milagrosa

A nosa asociación nace coa vontade de ser un espazo de socialización e integración de toda a cidadanía do norte da cidade, independentemente da súa procedencia. Queremos formar un espazo de diálogo aberto á participación promovendo iniciativas que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza, ao desenvolvemento social, cultural e comunitario dos nosos barrios.

Queremos que este acto de presentación sexa tamén unha oportunidade para recoñecer o traballo e a entrega das persoas que ao longo dos anos dedicaron esforzos e ilusión ao movemento veciñal. Por este motivo, renderemos unha merecida homenaxe a Valentín Arias Pontón, presidente da Asociación de Veciños da Milagrosa durante dúas décadas, en agradecemento á súa traxectoria e ao seu compromiso constante coa defensa dos intereses do barrio e da súa veciñanza.

A xornada contará coa actuación musical da Coral Lucus Terra, que contribuirá a facer desta cita un encontro de convivencia e cultura.

Comparte éste artículo
No hay comentarios