CIG Saúde A Mariña denuncia que o persoal do centro de saúde de Alfoz está en situación de precariedade térmica que sofre o centro cada verán. Segundo os datos recompilados polo cadro de persoal, a temperatura interior superou de xeito recorrente os 27 °C, agravada por un elevado índice de humidade, incumprindo así a normativa vixente de prevención de riscos laborais.
Esta situación, que se volveu unha constante cada estío, non só afecta o rendemento e a saúde dos traballadores/as, senón que pon en risco directo os pacientes e usuarios/as que acoden ao centro, moitos deles persoas vulnerables. Rexistráronse picos de calor que superan os niveis recomendados para evitar cadros de fatiga, mareos e riscos de tensión térmica.
Situación é insostible e recorrente
Bouza Casanova asegura que trasladou esta problemática á Xerencia da Área Sanitaria en anos anteriores, pero ata a data non se adoptaron as medidas estruturais necesarias, como unha climatización axeitad, para garantir unha contorna de traballo e atención segura.
«Non é admisible que, nun centro de saúde, os pacientes e os profesionais teñan que soportar condicións de calor que superan os límites legais. A prevención de riscos non pode ser opcional», sinalan Juan Carlos Bouza
Ante esta falta de resposta, os traballadores/as presentaron unha reclamación formal ante a Xerencia e advirten que, de non obter unha solución inmediata, elevarán a denuncia ante a Inspección de Traballo e Seguridade Social por vulneración da Lei de Prevención de Riscos Laborais.![]()