Ante a alerta por ola de calor prevista para o día de hoxe, luns 6 de xullo, e seguindo as medidas de prevención da Administración Autonómica, que suspende as actividades federadas ao aire libre entre as 12:00 e as 20:00 horas, o Concello de Lugo procede á suspensión das actividades municipais programadas nesa franxa horaria.
As sesións afectadas, que se ían desenvolver hoxe en horario de 18:30 a 19:30 horas, son as seguintes:
- Ximnasia (na Praza de Viana do Castelo).
- Pilates (á beira do río Miño).
- Activa o teu corpo (na Praza do Castiñeiro).
Ao tratarse de actividades de acceso libre e sen inscrición previa, os monitores de cada disciplina acudirán igualmente aos respectivos puntos de encontro á hora de inicio para informar presencialmente da suspensión a calquera veciño que se achegue.