A alcaldesa recibe ao nadador lucense Mauro Rodríguez Baliña, referente da natación adaptada

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, acompañada polo concelleiro de Deportes, Infancia e Xuventude, Damián Carballo, e a concelleira de Economía, Participación, Servizos á Veciñanza e Benestar Animal, Mar Carballás, recibiu ao nadador lucense Mauro Rodríguez, referente da natación adaptada e membro de Down Lugo.

Rodríguez conta cunha ampla traxectoria deportiva, con varios títulos de campión de España e récords estatais en distintas prazas de bolboreta e libres, así como fitos como ser o primeiro nadador con síndrome de Down en completar a Travesía a Nado da Ría de Vigo.

A súa carreira está tamén ligada a importantes logros de inclusión social e laboral, ao converterse no primeiro galego con síndrome de Down en obter unha praza nunha oposición do Estado.

Durante o encontro, a rexedora trasladoulle o seu recoñecemento: «Es un campión, e non cho digo como Elena, dígocho coma alcaldesa: Como Concello estamos moi orgullosos de ti».

Comparte éste artículo
No hay comentarios