Grueira esixe ao alcalde de Pol “xustificar o interese público” do gasto de 4.800 euros en comidas

O PP de Pol esixe “explicacións claras sobre estes gastos, a súa xustificación e o interese público de cada unha destas comidas” porque “a transparencia non consiste só en publicar os decretos, senón tamén en dar conta de como se emprega cada euro dos cartos de todos”.

A portavoz do PP de Pol, Nicole Grueira, esixe ao alcalde que explique aos veciños e veciñas os gastos de 4.800 euros en dietas ao considerar que “non está facendo un uso responsable do diñeiro público nin orientado ás verdadeiras prioridades do municipio”.

A popular explica que “nunha nova revisión dos decretos municipais volvemos atopar gastos do alcalde en concepto de dietas, cun importe que ronda os 4.800 €, ademais de gastos en aparcadoiros”. E tamén recollen “facturas de comidas en restaurantes de distintos puntos da provincia -algunhas de ata 330 euros- correspondentes a consumicións á carta” que foron sufragadas con fondos públicos.

Por iso dende o PP de Pol nos preguntamos se este é o uso que merece o diñeiro dos veciños e veciñas. “Mentres o alcalde continúa gastando en comidas sen explicar que beneficios ten para Pol, os veciños e veciñas seguen agardando o imprescindible arranxo das pistas ou as familias sofren un campamento para os nenos e nenas moito máis caro que os doutros concellos da zona”.

Grueira condena que “o alcalde gaste sen control para o seu propio beneficio, mentres abandona as necesidades reais dos veciños e veciñas”. E lembra que “a súa mala xestión económica levou ao Concello a acumular unha débeda de 5M€”.

TRANSPARENCIA

O PP de Pol esixe “explicacións claras sobre estes gastos, a súa xustificación e o interese público de cada unha destas comidas” porque “a transparencia non consiste só en publicar os decretos, senón tamén en dar conta de como se emprega cada euro dos cartos de todos”, conclúe.

Comparte éste artículo
No hay comentarios