O edificio corporativo de A Banca en A Coruña, Espacio Avenida, acolle este venres 17 de xullo un novo showcooking promovido pola Cofradía de Pescadores de Ferrol, esta vez para difundir e promocionar o consumo do carneiro da ría de Ferrol. O evento é de acceso libre (entrada pola rúa da Estrela) para a cidadanía, e dará comenzoás 12:00 horas cun catering-degustación de 5 receitas: Carneiro con granizados e cítricos, Crema fría de carneiro e mazá, Carneiro ó vapor, Carneiro á vinagreta, e Ceviche de carneiro.
Os visitantes poderán disfrutar ó longo da primeira hora destas elaboracións, e a partires das 13:00 horas será o turno de Javier Rodríguez Ponte, membro do Grupo Nove Cocina. Coñecido como “Taky”, levará a cabo un showcooking no que realizará 6 receitas para mostrar algunas das posibilidades deste produto:
-Ceviche de carneiro con aguacate.
-Carneiro con vinagreta de encurtidos.
-Escabeche de carneiro coa súa maionesa.
-Carneiro á feira.
-Carneiro á bilbaína.
-Crema de porros con carneiro e langostinos.
O proxecto promovido pola Cofradía de Pescadores de Ferrol está financiado polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), a través do GALP Golfo Ártabro Norte, cunha aportación do 70 % da Unión Europea e do 30 % da Consellería do Mar da Xunta de Galicia e un prazo de 3 anualidades, rematando este ano 2026. En cada anualidade organízanse 4 xornadas promocionais de produtos da ría de Ferrol, que se complementan coa presencia en feiras e salóns gastronómicos.