Máis de 4.300 parcelas recuperarán a condición de solo rústico e deixarán de tributar como urbanas

Un total de máis de 4.300 parcelas do municipio recuperarán a súa condición orixinal de solo rústico, unha medida que porá fin á súa tributación como terreos urbanos. Esta decisión supón unha resposta necesaria e de xustiza para os veciños e veciñas do noso rural, que vían como as súas propiedades soportaban unha carga fiscal que non se correspondía coa súa realidade.

A actualización do estado destas parcelas aplicarase con efectos retroactivos. Grazas a isto, a administración local procederá á devolución de todas as cantidades que os propietarios afectados pagaron de máis ao longo deste ano 2026..

Xa se iniciaron as tarefas de coordinación co Catastro. O obxectivo desta colaboración institucional é axilizar os trámites técnicos para que o novo estado rústico das parcelas quede plenamente incorporado e reflectido de cara ao padrón do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI) do vindeiro ano 2027.

Con esta intervención, búscase aliviar a presión fiscal no rural, protexer o sector primario e emendar unha situación administrativa que prexudicaba directamente ás economías familiares do termo municipal.

Comparte éste artículo
No hay comentarios