O Concello de Lugo reforza a atención ao peregrino cun punto de información oficial da Vía Künig

A oficina de turismo municipal foi habilitada oficialmente como punto de información dedicado a esta histórica ruta xacobea, que conecta León con Lugo, e que cada vez conta con maior recoñecemento.

A inauguración deste novo punto de atención ao peregrino, presidida pola alcaldesa, Elena Candia, acompañada polo concelleiro de turismo e museos de Lugo, Agustín Gallego; o alcalde de As Nogais, Jesús Núñez; o tenente de alcalde de Becerreá, Manuel Martínez; o alcalde de Baralla, Miguel González; o alcalde do Corgo, Felipe Labrada e o director técnico do proxecto, Javier Gómez, quen destacaron a importancia de ofrecer un servizo de calidade e unha acollida personalizada a quen opta por esta alternativa ao Camiño Francés.

O espazo servirá como lugar de consultas e punto de distribución de material especializado. Os peregrinos que se acheguen ata a oficina da Praza do Campo poderán recoller, de balde, recursos oficiais:

▪ Planos detallados do trazado da Vía Künig en Galicia e na provincia de León.

▪ Credenciais para o peregrino.

▪ Trípticos editados en cinco idiomas.

▪ A «Bolsa Naranja», o emblemático distintivo da ruta Küning.

Comparte éste artículo
No hay comentarios