O Partido Galego (PG), celebra o Día Nacional de Galicia coa maior afluencia da súa historia, cunha delegación do PNV.

Este vindeiro 25 de Xullo, o Partido Galego celebrará o Día Nacional de Galicia no Panteón de Galegos Ilustres de Bonaval. Contará coa maior afluencia de asistentes da súa curta historia, ao mesmo tempo que afianzará as súas relacións co PNV.

O acto, que se fará baixo o lema “Galicia nacionalidade, Galicia na centralidade”, comezará ás 10:45 horas no Panteón de Galegos Ilustres. Alí realizarase unha ofrenda floral, que contará cunha actuación musical. Posteriormente, xa nos xardíns do Parque de Bonaval, os asistentes disfrutarán da actuación do humorista Pablo Alvite. A xornada finalizará cun xantar de confraternidade para todos os asistentes.

O Partido Galego volverá a contar coa presenza da delegación convidada do PNV. Cómpre lembrar que o PG mantén unha relación estratéxica que o sitúa no primeiro nivel de políticas útiles, de accións de goberno e de solvencia política. “Somos esa outra ferramenta política que precisa Galicia e que en Euskadi xa disfrutan dela a través do PNV”, afirma o Secretario Xeral, Anxo Franco. “O Partido Galego é moderación, é galeguismo, é sensatez, é centralidade e é humanismo”, continúa.

O Partido Galego presentouse por primeira vez nas eleccións municipais de 2023. Daquela, fíxoo en 12 concellos, cando recén acababa de fundarse. Agora, de cara ás eleccións municipais de 2027, as expectativas son moito mellores. E seguimos traballando para aumentalas”, subliñou Anxo Franco.

Neste Día Nacional de Galicia, o Partido Galego lembra “o noso carácter de nacionalidade histórica, de Estatuto a medio camiño, de tomar concienca do que somos e o que podemos ser”. En definitiva, orgullosos de Galicia, orgullo de País.

Imaxes de arquivo

Comparte éste artículo
No hay comentarios