O Concello de Lugo modifica a Zona de Baixas Emisións tras estimar o 40 % das alegacións

O Pleno aprobará definitivamente este xoves esta ordenanza  co obxecto de culminar a implantación da ZBE en cumprimento da normativa europea, que establece este tipo de zonas para todas as cidades de máis de 50.000 habitantes, antes do 30 de setembro

O texto que se aproba incorpora 16 das 41 alegacións presentadas durante o período de información pública, o que supón aceptar preto do 40 % das propostas recibidas de asociacións e colectivos para mellorar o documento. (ver Anexo)

Lugo debe culminar a tramitación da ordenanza dentro dos prazos establecidos enumerando algunhas das melloras que se veñen de modificar no texto.

As principais melloras da nova ordenanza:

1. Máis garantías xurídicas

Modifícase o artigo 2.1 para que os aspectos fundamentais da ordenanza non poidan ser modificados mediante decreto da Alcaldía, senón que deban seguir sendo aprobados polo Pleno municipal.

2. Menos burocracia para a cidadanía

Elimínase a obriga de actualizar os datos cada dous anos para as persoas residentes no centro histórico e para os titulares de establecementos comerciais. Haberá que comunicar só os cambios dando máis facilidades aos residentes, comerciantes e usuarios da ZBE

Ademais, prevese a creación dunha plataforma dixital que permitirá realizar de maneira áxil e segura o rexistro de datos, a solicitude de autorizacións e as comunicacións de acceso á Zona de Baixas Emisións, simplificando os trámites e garantindo a súa trazabilidade.

 
3
Un ano para adaptarse antes das sancións

O  goberno local decidiu incorporar ao texto un período de adaptación dun ano. Durante ese tempo, o Concello centrará os seus esforzos en informar á cidadanía sobre o funcionamento da Zona de Baixas Emisións facilitando que veciños e visitantes poidan familiarizarse coa nova regulación.

4.  Máis flexibilidade para residentes e actividades económicas

A ordenanza elimina a limitación de dúas matrículas autorizadas por residente, comercio ou praza de aparcadoiro, adaptando a regulación á realidade das familias e dos negocios. Unha limitación imposta polo anterior goberno que carecía de calquera tipo de xustificación ou sentido

Tamén desaparece a autorización para estacionar durante 30 minutos sen causa xustificada, que figuraba na anterior redacción e que podía xerar un verdadeiro caos no casco histórico de cumprirse. A partir de agora, os residentes poderán acceder e estacionar diante das súas vivendas por un motivo xustificado e polo tempo mínimo indispensable. O mesmo criterio aplicarase aos usuarios dos establecementos hoteleiros e titulares de negocios na zona

5. Máis control dos vehículos de mobilidade persoal

Os patinetes e restantes vehículos de mobilidade persoal equipáranse ao resto de vehículos no cumprimento da Ordenanza Municipal de Circulación e do Regulamento Xeral de Circulación, reforzando así a seguridade e o control do seu uso dentro da ZBE.

6. Máis apoio á distribución urbana de mercadorías

A ordenanza incorpora importantes melloras para favorecer a actividade económica e facilitar o reparto de mercadorías.

– Crearase unha rede con máis puntos de carga e descarga distribuídos por diferentes zonas do centro, permitindo que as entregas se realicen máis preto do seu destino, reducindo desprazamentos e evitando a concentración de vehículos nun único espazo.

– Como novidade, tamén se habilita a través desta ordenanza a posibilidade de limitar o número de vehículos que poden utilizar simultaneamente cada zona de carga e descarga, mellorando a súa organización cando sexa necesario e evitando as aglomeracións que se dan nalgún punto da cidade.

– O horario xeral destas zonas será de 8:00 a 12:00 horas e de 15:30 a 17:30 horas, cun tempo máximo de permanencia de 30 minutos.

– Así mesmo, mantense a posibilidade de autorizar o acceso de vehículos de máis de 5,5 toneladas cando existan causas xustificadas relacionadas coa natureza da mercadoría ou coa indivisibilidade da carga.

– Igualmente, habilítanse dúas zonas específicas para vehículos de ata 12 toneladas, situadas na Porta de San Fernando e na rúa María Balteira, en horario de 8:00 a 18:00 horas.

– No caso de resultar necesario, o Concello poderá establecer un procedemento áxil de comunicación e autorización para evitar que estas medidas supoñan un obstáculo para o traballo dos provedores e das empresas de distribución.

– O Concello poderá crear unha plataforma dixital para facilitar o rexistro e comunicación de datos para o acceso á ZBE de xeito seguro e áxil.

– Ademais, o Concello promoverá un plan piloto para implantar un novo sistema de reparto aos comercios do centro mediante carretillas eléctricas desde as zonas de carga e descarga. Esta iniciativa, xa implantada con éxito noutras cidades, permitirá que os vehículos descarguen nun punto habilitado e que a mercadoría chegue aos establecementos de forma máis áxil, reducindo o tráfico de vehículos de reparto no centro histórico

– Se aceptan las de incluir a la seguridad privada en servicio como autorizados

Comparte éste artículo
No hay comentarios