Unha sociedade tamén se mide polo respecto e polo coidado que amosa cara aos seus animais. Pero ese compromiso leva aparellada unha responsabilidade ineludible por parte das persoas propietarias. Coidar dos animais tamén significa coidar da cidade, respectar os espazos públicos e favorecer unha convivencia baseada no civismo.
Con este obxectivo, o Concello de Lugo, a través da Concellería de Benestar Animal, pon en marcha «Lugo Limpa», unha campaña de sensibilización dirixida a fomentar hábitos responsables entre as persoas propietarias de cans e contribuír a manter limpos os espazos públicos da cidade.
Baixo o lema «O teu xesto fai cidade», a iniciativa lembra a importancia de realizar xestos tan sinxelos como recoller os excrementos dos animais e levar unha botella con auga para diluír os ouriños durante os paseos, reducindo o seu impacto en fachadas, portais, mobiliario urbano e zonas comúns.
A concelleira de Benestar Animal, Mar Carballas, lembrou que Lugo conta con máis de 22.000 cans, unha realidade que reflicte o importante papel que os animais de compañía desempeñan na vida de milleiros de familias lucenses.
«Queremos que Lugo siga sendo unha cidade amable cos animais, porque forman parte da vida de milleiros de familias. Pero iso tamén implica unha responsabilidade por parte das persoas que conviven con eles. Porque coidar dun animal tamén significa coidar da cidade, respectar os espazos públicos e favorecer unha boa convivencia entre toda a veciñanza.»
A edil incidiu en que a campaña tamén pretende poñer en valor o comportamento da inmensa maioría das persoas propietarias, que cumpren coas normas e contribúen cada día a unha mellor convivencia.
«O problema non son os cans; o problema é o incivismo. A inmensa maioría das persoas propietarias son responsables e esta campaña tamén quere recoñecer ese comportamento, evitando que o incumprimento dunha pequena minoría prexudique a imaxe de todos os demais.»
Como complemento ás accións de sensibilización, o Concello continuará distribuíndo gratuitamente kits hixienizantes entre as persoas propietarias de cans, facilitando así ferramentas prácticas para favorecer a correcta recollida dos excrementos e a limpeza durante os paseos. O material gratuíto que se repartirá poderase recoller na casa do Concello durante os días que se habiliten. O primero será o martes 11 de agosto de 10.00 a 13.00 hras.
«O Concello informa, sensibiliza e tamén pon medios á disposición da cidadanía. Pero manter limpa a cidade é unha responsabilidade compartida por todos», sinalou Carballas.
A responsable de Benestar Animal lembrou tamén que a recollida dos excrementos dos animais non é unha recomendación, senón unha obriga establecida na normativa municipal. Neste sentido, explicou que a campaña nace cun claro carácter informativo e educativo, aínda que advertiu de que os comportamentos incívicos reiterados poderán ser obxecto das correspondentes sancións.
A campaña «Lugo Limpa» busca consolidar un modelo de cidade no que o respecto polos animais e o respecto polos espazos públicos avancen da man, reforzando unha convivencia baseada no civismo, na corresponsabilidade e no compromiso de toda a cidadanía. Repartiremos en varios días los kits gratuitos. El primero el martes 11 de agosto de 10.00 a 13.00 hras na casa do Concello.